quiróptero -ra
quiróptero -ra
(< quiro- + -ptero)
-
adx
Relativo ou pertencente aos quirópteros.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da orde dos quirópteros.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Orde de mamíferos placentarios que comprende animais adaptados ao voo, coas extremidades anteriores con pataxio, por veces con pilosidades. Aliméntanse sobre todo de insectos, que cazan ao voo, ao atardecer. Oriéntanse polo eco e comprende a suborde dos microquirópteros, que está representada na Península Ibérica por tres familias: os molósidos, os rinolófidos e os vespertiliónidos.