Qustol
Qustol
Necrópole real e nobiliaria de Baixa Nubia (324-565) descuberta e escavada por Walter B. Emery (1931-1934), actualmente cuberta polo lago Nasser, a uns 37 km ao N de Wadi Halfa e na beira dereita do Nilo. Está composta por máis de vinte e dúas tumbas que, xunto coas de Ballana, á outra beira do Nilo, pertencen ao grupo X de Nubia. Construídas con ladrillo e pedra con teito abovedado, dentro dunha fosa de 5 m de fondura, e a miúdo cun certo número de cuartos, estaban cubertas con terra ata formar enormes túmulos. O enxoval, rico e variado, estaba formado por armas, arneses traballados, incensarios, lámpadas de bronce e outros obxectos. Atopouse á beira dun gran número de esqueletos de animais e de persoas, sacrificados en beneficio do rei.