Ra Re
Ra Re
[MIT]
Divindade exipcia, personificación do Sol. Considerouse a deidade principal da teoloxía heliopolitana e adquiriu un enorme prestixio a partir, sobre todo, da V dinastía (2494-2345 a C). Ao longo do tempo procedeuse a un sincretismo de Ra con diversas divindades (Ra-Atum, Ra-Harakté, Amón-Ra, Sobek-Ra, Khnum-Ra ou Montu-Ra). Emanación súa era a deusa Maat, personificación da xustiza. Representábase como un faraón, con corpo humano e cabeza de falcón.