rabirrubio
(< rabo + rubio)
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Nome común que reciben as aves do xénero Phoenicurus, da familia dos túrdidos, que se caracterizan por ter a cola rubia e presentar dimorfismo sexual.
-
rabirrubio real
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de 14 cm de lonxitude, na que o macho ten a plumaxe ventral, o peito e cola rubias, o dorso agrisado, e o rostro e a gorxa negros, cunha franxa branca enriba do ollo, mentres que a femia é de cor parda cinsenta no dorso e cinsenta clara no ventre e peito, e coa cola rubia. Vive en zonas de vexetación caducifolia e aliméntase de insectos, larvas, miñocas, arañas e froitos de tipo baga. De distribución paleártica, é estival en Europa, e inverna en África; en Galicia está presente como estival na rexión oriental, pero non preto da costa.
-
rabirrubio tizón
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de 14 cm de lonxitude, coa plumaxe negra, o ventre esbrancuxado e cola rubia, no caso do macho, e plumaxe parda cinsenta e cola rubia nas femias. Vive en zonas rochosas e aliméntase de insectos, quilópodos, larvas e arañas. De distribución paleártica, esténdese por toda Europa, nalgunhas zonas como sedentario e noutras como estival, por toda a Península Ibérica e, en Galicia, é sedentario e está presente en toda a rexión.