racionalidade
racionalidade
(< lat rationalitāte)
-
s
f
Calidade de racional.
-
racionalidade económica
[ECON]
Presuposición que se aplica ao comportamento dos axentes económicos, en tanto que perseguen uns obxectivos que se consideran coherentes e que para acadalos empregan uns medios que se cren axeitados. O postulado de racionalidade, no relativo ao comportamento do consumidor, implica que este escolle entre todas as alternativas de consumo dispoñibles, de xeito que a satisfacción obtida sexa a máxima posible. O comportamento racional do empresario, de maneira paralela, consiste en lograr que o seu beneficio acade o nivel máis alto posible, alcanzadas as súas condicións de produción.