radarastronomía
radarastronomía
(
s
f
[ASTRON]
Técnica da astronomía que consiste en enviar un sinal de radar de características coñecidas a un corpo celeste e observar as características do sinal reflectido. En 1947 levouse a cabo coa superficie da Lúa, en 1958 con Venus, e en 1963 conseguíronse reflectir as ondas na superficie de Marte. Esta técnica fixo posible a determinación dos períodos de rotación de Venus e Mercurio, e a medición precisa das distancias da Lúa, Venus e Marte respecto da Terra. Utilízanse para ela os mesmos radiotelescopios ca en radioastronomía.