radiocromatografía

radiocromatografía

(< 1 radio- + cromatografía)

s f [FÍS/QUÍM]

Método de análise cualitativa e cuantitativa baseado na cromatografía sobre papel. A sensibilidade de detección foi aumentada pola utilización de substancias marcadas (marcaxe radioactiva) ou pola irradiación do papel con neutróns. Empregouna M. Calvin no estudo da fotosíntese.