radiogalaxia
radiogalaxia
(< 1 radio-+ galaxia)
s
f
[ASTRON]
Galaxia en que se detectan emisións de ondas radioeléctricas. Poden ser de dous tipos: normais, galaxias ordinarias que emiten unha parte das súas radiacións nas lonxitudes de onda que corresponden ao dominio das radioondas, supostamente polo efecto sincrotrón; e peculiares, case sempre galaxias que visualmente presentan algunha característica pouco común.