radiografía

radiografía

(< 1 radio-+ -grafía)

  1. s f [MED/TECNOL]
    1. Técnica que consiste en someter un corpo ou un obxecto que se quere examinar á acción dos raios X, co fin de obter unha imaxe súa sobre unha emulsión sensible a esta radiación. O seu fundamento é a análise da absorción diferencial dos raios X experimentada polos diversos compoñentes do obxecto estudado. A radiografía ten moitas utilidades, especialmente en medicina e tecnoloxía. A radiografía médica ou radioloxía permite estudar o interior do corpo. Para poder mellorar o contraste entre os órganos utilízanse substancias de contraste, como o sulfato de bario, que se emprega na observación do tubo dixestivo, ou como algúns preparados de iodo, que se usan na observación do aparato urinario. En radiografía industrial emprégase para determinar as variacións de composición química ou os defectos internos dos materiais, detectar a falta de uniformidade das superficies, a calidades das soldaduras ou dos axustes, observar oclusións gasosas, porosidades ou inclusións de escoura. Empréganse tamén os raios X para determinar o estado de conservación de obras de arte. Nalgunhas aplicacións pódense substituír os raios X polos raios ã, técnica chamada gammagrafía. OBS: Tamén se denomina röntgengrafía.

    2. Imaxe que se obtén mediante a radiografía.

      Sinónimos: radiograma, röntgengrafía.
  2. s f

    Descrición feita con rigor e profundidade dunha situación ou dun feito.