radiometalografía

radiometalografía

(< 1 radio- + metalografía)

s f [IND]

Proba non destrutiva con raios X para detectar defectos internos das pezas metálicas. É a radiografía aplicada ás pezas metálicas e permite rexistrar nunha película sensible os defectos delas en función da absorción anómala dos raios X polo metal da peza. Para as pezas pesadas ou de formas complicadas emprégase especialmente a gammagrafía.