radionúclido

radionúclido

(< 1 radio- + núclido)

s m [FÍS]

Núclido radioactivo. Os radionúclidos poden descompoñerse por emisión de diversas partículas (n, á, â, ã) ou por captura de electróns orbitais. O seu coñecemento comeza co descubrimento da radioactividade (1896) e desenvólvese co traballo de P. Curie, M. Curie e E. Soddy. Teñen aplicacións prácticas na análise por activación e na marcaxe, e tamén diversas aplicacións médicas.

Palabras veciñas

radionecrose | radioneurite | radionovela | radionúclido | radiooínte | radioonda | radiopaco -ca