Rafael

Rafael

Arcanxo. Aparece no Libro de Tobías como o seu protector e compañeiro de viaxes, inimigo do espírito maligno Asmodeo e como sandador (o seu nome quere dicir ‘Deus sandou’) da cegueira do pai e da muller de Tobías. Iconograficamente represéntase con ás e longa cabeleira e, nas representacións góticas, viste dalmática tradicional e nas posteriores só leva unha túnica cinguida. Como gardián de Tobías leva unha lanza e o neno da man, como atributo persoal. Considérase o patrón dos viaxeiros. A súa festividade celébrase o 29 de setembro.

Palabras veciñas

raer | RAF | rafa | Rafael | Rafael | Rafael Dieste, Premio de Teatro | Rafael/Rafaela