2 raión
2 raión
(
s
m
[TÉXT]
Nome xenérico das fibras e filamentos artificiais de celulosa rexenerada ou de ésteres de celulosa. O seu propósito inicial era a imitación da seda natural, polo que recibiron o nome, logo prohibido, de seda artificial. O seu primeiro tipo foi feito a base de nitrocelulosa, ou seda Chardonnet, e era extraordinariamente inflamable, polo que se dixou de fabricar. Os modernos tipos de raión son o cuproamoniacal, o de viscosa e o acetato. Empréganse en roupa interior, medias e tecidos en xeral. O tipo de raión de viscosa de alta tenacidade aplícase na fabricación da carcasa dos pneumáticos. O seu uso vai sendo substituído polas fibras sintéticas.