raíz
(< lat radīce)
-
s
f
[BOT]
Órgano das plantas superiores, xeralmente axiforme, de simetría radiada, sempre privado de follas, e provisto de elementos condutores, especializado na fixación da planta e na absorción de auga e de substancias químicas disoltas nela. Polo xeral é subterránea, raíz hipoxea, aínda que en certos casos é aérea, raíz epixea. Presenta xeotropismo positivo e fototropismo negativo. A raíz típica consta dun eixe de forma cilindro-cónica e de crecemento vertical, a raíz principal de desenvolvemento preponderante, con diversas ramificacións de crecemento oblicuo, as raíces secundarias, que emiten ramificacións, as raíces terciarias ou cuaternarias denominadas en xeral radicelas. Non todas as plantas presentan raíz típica, co eixe primario de crecemento predominante. En moitas plantas, as ramificacións crecen con igual forza ca o eixe principal, ou ben son coroas de raíces cauloxénicas as que crecen na base da planta, mentres que a raíz principal se atrofia sendo o resultado unha raíz de ramas semellantes entre si, denominada raíz fasciculada. É frecuente que no parénquima cortical de moitas raíces se acumulen auga e reservas. As raíces napiformes son raíces axonomorfas engrosadas. Moitas epífitas de países tropicais húmidos presentan raíces aéreas que, malia non chegar a terra, fixan a planta e poden absorber auga da chuvia ou do resío. As plantas parasitas empregan as raíces para succionar substancias nutritivas, cravadas nos tecidos das plantas parasitadas, son as raíces sucionadoras. Algunhas árbores que viven en solos húmidos, pobres en osíxeno, emiten ramificacións verticais das raíces denomidadas raíces respiratorias que medran cara a arriba e chegan a sobresaír da superficie do chan.
-
[ANAT]
-
s
f
Fascículo de fibras nerviosas que, xunto con outras, forma parte dun tronco nervioso. As fibras que conteñen estes fascículos teñen todas unha mesma actividade fisiodinámica sensitiva ou motora.
-
s
f
Parte dun órgano ou dunha formación anatómica que se implanta nun tecido.
-
raíz espiñal
Fascículo nervioso que se orixina na parte anterior (raíz espiñal anterior ou motora) ou posterior (raíz espiñal posterior ou sensitiva) da medula espiñal e que dentro do espazo subaracnoidal van independentes ata que se unen no tronco radicular e dan lugar aos nervios raquídeos.
-
s
f
-
s
f
Causa e orixe dunha cousa.
-
s
f
[INFORM]
Directorio principal ou básico dunha árbore.
-
s
f
[LING]
Elemento etimolóxico de que se compón unha palabra. Constitúe o núcleo dunha familia de vocábulos e indica o seu significado fundamental. A raíz dunha palabra obtense cando se separan os sufixos, prefixos, infixos e os morfemas flexionais. É o elemento común que, na comparación cunha serie de palabras emparentadas lexicamente, contén a idea común a todas elas (en peixe e peixeira aparece a raíz peix-). F. de Saussure di que é o elemento irredutible e común a todas as palabras dunha mesma familia.
-
[MAT]
-
s
f
Cantidade x que, tomada como factor de certo número de veces n, dá como produto unha cantidade determinada a. Exprésase como x = n √—a, onde a é o subradicando, x a raíz e n o índice; esta expresión equivale a x n = a. O signo √ semella provir da deformación de r inicial do latin radix, ‘raíz’. A raíz de índice 2 denomínase raíz cadrada; a de índice 3, raíz cúbica, e a de índice 4, raíz bicadrada. Todos os números reais e positivos admiten dúas raíces de índice par, e unha de índice impar. Todo número real e negativo admite unha raíz real única de índice impar e outra de índice par. Adóitase empregar tamén a anotación equivalente seguinte: √ a = a 1/n e o cálculo de raíces queda reducido ao cálculo de potencias.
-
raíz dunha ecuación
alor da cantidade descoñecida que resolve a ecuación. Por exemplo, na ecuación x 2 - 4x + 3 = 0, o valor 1 é unha raíz, porque ao substituír x por 1 o membro da esquerda anúlase. OBS: Tamén se denomina solución ou cero da ecuación.
-
s
f
Frases feitas
-
Botar raíces. Fixarse nun lugar.
-
De raíz. Desde a orixe, por enteiro.