rajasthani
rajasthani
(< topónimoRājasthān)
-
adx
Relativo ou pertencente ao estado de Rājasthān e á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante do estado de Rājasthān.
-
s
m
[LING/LIT]
Lingua indoiraniana occidental falada no Rājasthān e na banda occidental de Madhya Pradesh. Os seus dialectos principais son o jaipuri, o marwari, o mewati e o malvi. A súa literatura trata epicamente os temas do amor, o valor e o menosprezo á morte dos rajputs. Entre os seus autores principais destacan Kallola (s XV), Aśananda (s XVI) e Suryamal Miśran (s XIX). Co tempo cantáronse nel os poemas de Mirabai, famosa devota de Kriṣhna.