Ramapithecus
Ramapithecus
[PALEONT]
Xénero de primates fósiles, descrito por G. Edward Lewis en 1934, incluídos en sedimentos do Mioceno Superior ou do Plioceno Inferior, cunha antigüidade duns 12-15 millóns de anos, atopados en India, Alemaña, Kenya e China. Enlazan a liña dos pónxidos coa dos primeiros homínidos. Morfoloxicamente presentaban carácteres como a redución dos caninos e dos incisivos, a forma parabólica do arco dental e a posibilidade de camiñar erecto, que o entroncarían coa liña do australopiteco. Considerado por algúns como unha forma xemelga do Sivapithecus, está situado na liña evolutiva que conduce aos orangutáns, aínda que antes se pensaba que estaba na liña que conducía aos homínidos.