Ramiro II de Aragón

Ramiro II de Aragón

o Monxe ou o rei Cugula (? 1080? - Huesca 1157) Rei de Aragón e conde de Ribagorza (1134-1137), fillo de Sancho I de Aragón e irmán de Pedro I de Aragón e de Afonso I de Aragón. Entrou no mosteiro beneditino de Tomeres e cara a 1130 pasou ao priorado de San Pedro el Viejo de Huesca, e obtivo o bispado de Roda-Barbastro. Foi elixido rei polos aragoneses en 1134 tras a morte de Afonso I de Aragón, sen descendencia, que deixara o reino ás ordes militares. Por este motivo tivo que enfrontarse a Navarra e Castela. Coa conquista de Zaragoza por Afonso VII de Castela, refuxiouse en Catalunya. Recuperou o trono coa axuda dos cataláns e en 1137 acordou casar a súa filla Petronila con Ramón Berenguer IV de Barcelona, a quen traspasou os dereitos e prerrogativas do reino, aínda que conservou o título de rei. Retirouse ao priorado de San Pedro el Viejo.

Palabras veciñas

Ramiro I | Ramiro I de Aragón | Ramiro II | Ramiro II de Aragón | Ramiro III | Ramiro, san | ramista