Ramos
-
[ONOM]
Apelido de procedencia diversa,do que unha rama pasou a Galicia asentándose en Navia de Suarna e Penamil.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, unha árbore de sinople, sinistrada dun león de goles, empinado ao seu tronco. Outra variante trae, en campo de prata, unha ameixeira de sinople sostida de ondas de azul e prata. Outra trae, en campo de prata, unha aguia de sable, cargada en abismo dun escudiño de prata cunha faixa da azul. Outra, en campo de ouro, tres ramos de sinople, ben ordenados; bordura de goles cargada de oito cunchas de vieira de prata. Outra, escudo cuartelado: 1, de azul, cunha aguia da súa cor, picada e membrada de ouro; 2, de azul, cunha cruz floreteada de ouro; 3, de goles, cun castelo de ouro; 4, de ouro, cun león rampante da súa cor.