Ramsés II
Ramsés II
Faraón exipcio da dinastía XIX (1304?-1237? a C), fillo de Sethi I. Herdou de seu pai unha sólida posición en Palestina que lle permitiu intentar recuperar Siria, perdida no período de Al-Amarna. Despois dunha primeira campaña (1301 a C) levou a cabo a expedición de 1300 a C, na que librou a indecisa Batalla de Kadeš contra o hitita Muwatalliš. Este semifracaso provocou diversas revoltas en Palestina que sufocou en tres campañas (1299 ou 1298, 1297 e 1295 a C). Foi un dos faraóns que construíu máis obras como o Piramsés, no delta do Nilo, o Ramesseum e os speos de Abu Simbel, na Baixa Nubia.