Rancaño
Rancaño
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, un castelo de prata, acompañado de tres flores de lis de ouro, unha no centro do xefe, e unha en cada flanco. Outro trae, en campo de prata, unha árbore de sinople, sinistrada dun oso da súa cor, empinado á copa.