ránido -da

ránido -da

(< lat científico Rana,xénero de animais)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos ránidos.

  2. s m [ANIMAL]

    Anfibio da familia dos ránidos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Familia de anfibios anuros que se caracterizan pola falta das falanxes intercalares cartilaxinosas e polo feito de presentar a cintura escapular soldada á parte media e as vértebras sacras coas apófises transversais dilatadas. Saltadores, escavadores, arborícolas, áxiles e elegantes, ocupan os hábitats máis variados, pero en xeral son formas de vida acuática. Difundidos por todo o planeta, habitan maioritariamente en África. O xénero Rana é o máis importante da familia.

Palabras veciñas

rani* | rañica | rañicas | ránido -da | ranilla | Ranjit Singh | Rank, Otto