Rantzau
Rantzau
Liñaxe nobre orixinaria de Holstein, que acadou a súa maior influencia política no s XV. Destacaron o conde Johann von Rantzau (Steinburg, Holstein 1492-Breitenburg 1565), que convenceu ao duque de Holstein que aceptase a coroa que lle ofreceron os daneses en 1525 (Federico I de Dinamarca e de Noruega); e o conde Josias von Rantzau (Bothkamp, Holstein 1609-París 1650), mariscal de Francia desde 1645.