rapacús

rapacús

(

s m [ANIMAL/ICT]

Peixe pleuronectiforme, da familia dos bótidos, de 10 cm de lonxitude, aínda que pode alcanzar os 20 cm. Ten os ollos dispostos sobre o costado esquerdo e moi próximos separados por unha fina crista. Son de cor parda ou agrisada, con manchas máis escuras e irregulares e o costado dereito máis esbrancuxado. Son peixes mariños, sedentarios e carnívoros. Aliméntanse de pequenos peixes e crustáceos. Viven en fondos areosos e lamacentos de lugares pouco profundos entre os 10 e os 300 m de profundidade. Reciben este nome as especies Arnoglossus imperialis, Arnoglossus laterna e Arnoglossus thori.

Sinónimos

Palabras veciñas

rapacidade | Rapacki, Adam | rapaconas | rapacús | rapada | rapadoira | Rapadoira, A