Raphidia
Raphidia
[ANIMAL/ENTOM]
Xénero de insectos, da orde dos rafidiópteros, co protórax máis longo ca ancho, a cabeza de gran tamaño, as ás transparentes e desiguais, os segmentos abdominais móbiles e o oviscapto alongado. Viven en árbores e aliméntanse doutros insectos. A especie máis estendida en Europa é R. notata.