Raposeira, pazo da

Raposeira, pazo da

Construción situada en Vigo. A súa construción comezou en 1625 coa entrada e a á norte da vivenda e continuou en 1712 co remate do patio en forma de U cara o L e a construción da torre. Realizouse en cachotaría e cantaría de granito e presenta dúas alturas, nunha planta en forma de U. Ten dous accesos, polo patio e pola horta. O conxunto complétase cunha torre e cunha capela exenta. Os escudos da torre, a porta principal de acceso e a porta da horta fan mención aos Saavedra e aos Montenegro.

Palabras veciñas

raposada | raposear | raposeira | Raposeira, pazo da | Raposeiras | Raposeiras | raposeiro -ra