rapsodia

rapsodia

(< lat rhapsodĭa < grραψωδία)

  1. s f [LIT]
    1. Fragmento dun poema épico, especialmente homérico, que se adoitaba recitar dunha tirada.

    2. Composición poética de carácter épico, recitada ou cantada en público.

  2. s f [MÚS]

    Peza musical instrumental que emprega elementos populares e na que prevalece a improvisación. De forma moi libre, utilizouna por primeira vez J. V. Tomašek nos inicios do s XIX. Moitos compositores escribiron, desde aquela, fantasías instrumentais con elementos folclóricos, como Liszt, Dvořák, Saint-Saëns, Albéniz, Brahms, Debussy, Gershwin e Bartók.