Rasa Cantábrica
Rasa Cantábrica
Unidade xeomorfolóxica da costa cantábrica que se estende desde Burela ata Cantabria. É unha superficie plana, situada entre o mar e os contrafortes montañosos, que orixinan un tipo de costa lineal, con praias formadas aos pés dos cantís e con numerosos farallóns. No sector galego desenvólvese sobre materiais xistosos e no seu frente costeiro as penas presentan entrantes e saíntes, polo que domina unha morfoloxía rectilínea en que só os ríos formaron enseadas (Ribadeo, Fazouro e Foz).