rascón

rascón

(

  1. s m

    Instrumento formado por unha prancha metálica e provisto dunha empuñadura que se usa para alisar, rascar ou arrincar, principalmente madeira, pelo de gando ou pintura.

  2. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Nome común que reciben algunhas aves da familia dos rálidos, dos xéneros Rallus e Crex.

  3. rascón de auga [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de aproximadamente 28 cm, sen diferenzas entre sexos, con plumaxe parda con algunhas zonas máis escuras polo dorso, e cinsenta polo ventre e fazulas. Vive en zonas de brañas e de ribeiras de ríos e lagoas, onde se alimenta de materia vexetal, insectos e anfibios. Distribúese por case toda Europa, e é moi común en Galicia, onde se pode ver en zonas do litoral.

  4. rascón de terra [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de ata 27 cm de lonxitude, sen diferenzas entre sexos, con plumaxe acastañada con pencas negras, pero co ventre e peito cinsento e ás sen apencar. Vive en zonas de herba alta ou de cultivos de cereais, e aliméntase de insectos, miñocas e sementes. É rara a súa presenza en Galica, pero pode verse de paso en outono e no verán.

Palabras veciñas

rascar | Raschig, Friedrich August | rasco | rascón | Rasela, A | Rasgada | rash*