Raskol

Raskol

Cisma da Igrexa rusa contrario á reforma litúrxica do patriarca Nikon (1652-1667). Tamén coñecido como Staroobrjadčestvo (vello ritualismo), os seus membros denomínanse raskol’niki (cismáticos) ou starovercy (vellos crentes). Das súas seitas destacan os popovcy ou presbiterianos -cunha xerarquía e un sacerdote- e os bezpovcy (sen presbíteros). Agás unha fracción dos popovcy, que recoñecen a xurisdición patriarcal, a maioría continua no cisma e considera a Igrexa rusa como o Anticristo.