rastafarianismo

rastafarianismo

(

s m [RELIX]

Movemento relixioso nacido en Xamaica a comezos da década de 1930. Baseado nas profecías da Biblia, nas aspiracións da comunidade negra e nas ensinanzas de Marcus M. Garvey, ten unha orientación política fundamentada na non aceptación dos valores impostos pola ideoloxía dominante. Tomou o seu nome de Ras Tafari Makonne (nome do emperador etíope Haile Selassie), protector da civilización africana. Consideran que a raza negra é descendente dos antigos israelitas. Basean todos os seus actos en pasaxes bíblicas e celebran dúas cerimonias: un razonamento, onde se reunen, fuman herba e discuten cuestións relixiosas e sociais, e un binghi ou festa onde se danza, canta e fuma durante varios días. Dos seus símbolos destacan as trenzas rastas e o fumar ganja (cannabis) ou herba sagrada. Durante a década de 1960 acadou gran popularidade, tanto en Xamaica coma no exterior, debido a relación entre a música reggae e a relixión. A música sagrada dos rastafari denomínase burru.