rata
(< 1 rato)
-
s
f
[ANIMAL]
Nome común que reciben algúns membros da familia dos múridos, especialmente os xéneros Rattus e Arvícola.
-
rata augadeira/de auga
[ANIMAL]
Roedor de ata 20 cm de lonxitude e cola de 10 cm, coa pelaxe longa agrisada ou parda no dorso, e gris amarelento no ventre. O fociño é arredondado e as orellas e os ollos pequenos. Habita á beira da auga con moita vexetación e aliméntase de plantas e cortezas. É inimiga da londra, da garza e do armiño. Está presente en España e en Galicia.
-
rata común/de cloaca
[ANIMAL]
Roedor de ata 28 cm de lonxitude cunha cola de ata 23 cm, máis grande ca a rata negra, e coa pelaxe de cor entre gris parda e avermellada no dorso, e abrancazada no ventre. Existen subespecies albinas, utilizadas no laboratorio para investigación.Viven en grupos xerarquizados e presentan costumes nocturnos e alimentación omnívora. En Europa introduciuse entre os ss XI e XII, procedente de Asia Central, pero a súa principal expansión produciuse durante o s XVIII. Habita nas cidades ou nos sumidoiros preto dos ríos. Constitúen unha verdadeira praga de grande importancia económica, polos estragos que ocasionan nos almacéns de gran ou azucre, e sanitaria, posto que son vectores de importantes enfermidades.
-
rata negra/campestre
[ANIMAL]
Mamífero roedor de entre 15 e 23 cm de lonxitude e ata 25 cm de cola anelada e escamosa, máis longa ca o corpo. A pelaxe é de cor agrisada, parda e negra. A súa actividade é maior ao amencer e durante o crepúsculo. Aliméntanse principalmente de materia vexetal ou gran. Chegou a Europa, procedente de Asia, durante o s XIII, e estendeuse por todo o continente. Vive en zonas cercanas ao home, nos celeiros e outras zonas de almacenamento de comida.
-
rata tobeira
[ANIMAL]
Mamífero roedor de ata 25 cm de lonxitude. É de costumes preferentemente diurnos e constrúe galerías nos prados. A miúdo somérxese, posto que é bo nadador. Habita en Europa e ao N de Asia, sen presenza en Galicia.