raticida

raticida

(

adx e s m [MED]

Aplícase ao tóxico que se emprega para exterminar ratas e ratos. Pode ser de efecto inmediato, ata as 24 horas, como o fósforo branco, o arsénico, a estricnina ou o cianuro potásico. Outros, derivados da dicumarina, dan lugar a hemorraxias internas que provocan a morte do animal en 5 ou 6 días. Deste xeito, a rata non desconfía do cebo. Destacan o Warfarin, o Tomorin e o Ibys 152.