raumplan*

raumplan*
s m [ARQUIT]

Teoría arquitectónica que desenvolveu Adolf Loos e que expresa a liberdade de alturas segundo as necesidades de cada ámbito. Segundo este principio de economía e proporción, non se pode cubrir cun único teito espazos de alturas distintas, senón que cada parte do edificio debe ter a altura axeitada dentro do volume total da edificación independentemente da altura dos ambientes contiguos.