razó*

razó*
s f [LIT]

Texto en prosa que pretende informar sobre as circunstancias e os motivos polos que un trobador escribiu un determinado poema, e sobre os feitos históricos e personaxes que alí están aludidos. As razós conservadas manteñen unha unidade de estilo, de composición e de lingua, o que fai pensar nun traballo de compilación e arranxo suxeito a formulismos de escola.

Palabras veciñas

Razin, Stepan Timofejevič | Razo | Razo | razó* | razoábel | razoable | razoado -da