Rea

Rea
[ASTRON]

Satélite de Saturno descuberto por G. D. Cassini o 23 de decembro de 1672. A súa distancia media ao centro de Saturno é de 527.000 km. Ten unha órbita cunha excentricidade de 0,001 e unha inclinación respecto do ecuador de Saturno de 0,3°. O período de revolución sideral é de 4 días, 12 h, 25 min, e o movemento ten lugar en sentido directo. O diámetro de Rea é da orde de 1.530 km. Cando Saturno está en oposición obsérvase Rea como un astro de décima magnitude. As fotografías transmitidas á Terra polo Voyager I amosaron a existencia de numerosos cráteres de impacto.

Palabras veciñas

re- | rea | Rea | Rea | Rea Silvia | reabastecemento | reabastecer