reacción

reacción

(< re- + acción)

    1. s f [FÍS]

      Forza que nun sistema físico se opón á que é responsable dun cambio do estado de repouso e movemento do sistema.

    2. s f [SOCIOL/POLÍT]

      Conxunto de manifestacións que xorden ante unha situación determinada que procuran a miúdo o establecemento dunha realidade diferente.

    3. s f [SOCIOL/POLÍT]

      Actitude diante dunha situación político-social, relixiosa ou artístico-cultural progresiva, renovadora ou incluso revolucionaria.

    4. reacción de dexeneración [PAT]

      Conxunto de modificacións electrofisiolóxicas determinadas por unha lesión das neuronas periféricas.

    5. reacción inmunolóxica/de adaptación [PAT]

      síndrome de adaptación.

  1. [MED]
    1. s f

      Provocación de fenómenos biolóxicos no organismo como medio diagnóstico.

    2. s f

      Cambio que se produce no organismo debido a unha alteración no medio.

    3. reacción da benzidina

      Reacción química usada para investigar a presenza de sangue nun conduto biolóxico.

    4. reacción de Ehrlich

      Reacción que aparece nalgunhas enfermidades, con aparición de ácido diazobenzolsulfúrico e amoníaco nos ouriños, que adquiren unha cor vermella.

    5. reacción de Weber

      Proba para detectar a presenza de sangue nos excrementos.

  2. s f
    1. Maneira de comportarse unha persoa ante un estímulo ou feito determinado.

    2. [PSIC]

      Actividade transitoria característica dun sistema excitable mediante a acción dun axente físico ou fisiolóxico estraño a el.

    1. s f [QUÍM]

      Cada un dos procesos mediante os que unha ou máis substancias, simples ou compostas, se transforman noutras, excepto aquelas transformacións nucleares en que un elemento se converte noutro (reacción nuclear). Desde o punto de vista do número de pasos implicados, clasifícanse en elementais, que é un proceso quimicamente irredutible mediante o que se pasa dun estado estacionario a outro, sen a intervención apenas de intermediario, e complexas, que poden sempre descompoñerse nunha sucesión de procesos elementais. O estudo da reacción química lévase a cabo mediante a cinética química e a termodinámica. Desde o punto de vista da termodinámica, as reaccións químicas poden clasificarse, de acordo cos cambios enerxéticos que comporta o proceso, en endotérmicas e exotérmicas, con absorción e liberación de enerxía, respectivamente. Outras clasificacións obedeceron a criterios moi diversos: por unha banda, as reaccións ácido-básicas, que reúnen todos aqueles procesos en que se pon de manifesto a acidez e a basicidade no sentido xeral de G. N. Lewis; por outra, as reaccións de oxidación-redución, que inclúen todos aqueles procesos en que se produce un cambio no estado de oxidación dos elementos que interveñen, como reactivos. Noutro contexto, a división clásica de química inorgánica e orgánica conduciu a dúas clasificacións específicas paralelas. Así, polo que respecta á química inorgánica, fálase de reaccións de combinación, cando distintos elementos, a través dunha oxidación-redución, reaccionan para formar un produto; reaccións de descomposición, en que unha substancia se divide en dúas ou máis substancias máis simples; reaccións de desprazamento, en que un elemento ou grupo toma o lugar doutro nun composto, liberándoo, e reaccións de dobre descomposición ou metátese, en que dous compostos reaccionan intercambiando determinados elementos ou grupos e orixinan dous novos. Polo que respecta á química orgánica, resulta útil facer unha clasificación atendendo ao desprazamento dos átomos ou grupos ao longo do proceso, falándose de reaccións de substitución, en que unha especie se fixa sobre un átomo de carbono dunha molécula, con eliminación simultánea doutra especie; reaccións de adición en que unha ou máis especies se fixan sobre o esqueleto carbonado; reaccións de eliminación, en que átomos ou grupos se eliminan do esqueleto carbonado; transposicións, en que se produce a reordenación dos átomos dunha molécula, e reaccións de insercións, en que un átomo se insire entre dous átomos previamente unidos por un enlace sigma ao ou pi ð. OBS: Tamén se denomina reacción química.

    2. mecanismo de reacción / [QUÍM/FÍS]

      Concepto que deriva da cinética química, polo que se describen os distintos procesos elementais sucesivos que compoñen unha reacción química complexa. A investigación do mecanismo a través do que ocorre a transformación duns reactivos coñecidos nuns produtos pode estar feita coa axuda de diversos factores e técnicas, como o coñecemento da natureza de todos os produtos formados, e as súas proporcións relativas respecto aos reactantes, a interpretación de datos cinéticos, o uso de isótopos, a detección e o estudo de intermedios de reacción, e a aplicación de criterios estereoquímicos e de relacións estrutura-actividade.

    3. orde de reacción / [QUÍM/FÍS]

      Número real definido formalmente como a suma dos exponentes dos termos de concentración que interveñen na expresión diferencial da velocidade dunha reacción, e que ten o sentido de número mínimo de especies que semellan reaccionar simultaneamente de acordo coa ecuación cinética que rexe o proceso.

    4. reacción de aglutinación / [MICROB/MED]

      Reacción específica que se caracteriza pola reunión en pías ou aglomerados de bacterias, eritrocitos ou outros elementos corpusculares, en presenza do anticorpo homólogo.

    5. reacción de desviación do complemento / [MICROB/MED]

      Método de diagnose serolóxica que se basea na demostración da presenza de anticorpos por adición ao soro estudado do antíxeno correspondente e do complemento.

    6. reacción de precipitación / [MICROB/MED]

      Reacción inmunolóxica pola que ao unirse un antíxeno e un anticorpo solubles dan lugar a un precipitado insoluble visible.

    7. reacción en cadea da polimerase [XEN]

      PCR.

    8. reacción serolóxica [MED]

      serodiagnose.

    9. velocidade de reacción / [QUÍM/FÍS]

      ariación co tempo da concentración dun dos reactivos ou dos produtos que interveñen nunha reacción química. En xeral, depende da temperatura e presión determinadas, da natureza e da concentración dos reactivos, mediante unha constante numérica coñecida como constante de velocidade, que é ao mesmo tempo función da temperatura. O seu estudo teórico pode ser abordado desde un punto de vista microscópico, co que se estuda fundamentalmente a evolución da constante de velocidade coa temperatura, ou macroscópico. O estudo experimental das velocidades de reacción ten lugar por medida de concentración dun reactante ou produto en función do tempo. No caso de reaccións moi rápidas, cómpre recorrer a técnicas especiais, e as máis usuais son os métodos de relaxación, as ondas de choque e a fotólise de escintilación. O estudo das velocidades de reacción constitúe o obxecto da cinética química.

  3. s f [TECNOL]

    Procedemento de recepción de ondas radioeléctricas que consiste nunha retroacción ou reacción positiva introducida nunha etapa amplificadora de alta frecuencia mediante un axuste indutivo co circuíto de antena ou de sintonía.

  4. reacción de ennegrecemento/escurecemento [ALIM]

    Conxunto de procesos complexos e diversos que se producen en certos alimentos durante o tratamento tecnolóxico ou o condicionamento, e que teñen en común a formación final de melanoidinas, de cor parda ou negra, e a modificación do gusto e do aroma.

  5. reacción de inducido [ENX]

    Fenómeno que consiste nunha alteración do fluxo magnético dunha máquina eléctrica, a causa dunha forza magnetomotriz que produce a corrente inducida.

  6. reacción en cadea [FÍS]

    Sucesión de procesos en que cada un deles estivo producido polo feito de estar o anterior e levarse a cabo unha situación crítica que cataliza o fenómeno.

  7. reacción fotonuclear [FÍS]

    Reacción nuclear que produce un fotón ou raio ã.

  8. reacción nuclear [FÍS]

    Proceso físico que modifica a estrutura interna dun núcleo atómico por incidirlle unha partícula (ou radiación) coa enerxía suficiente para vencer o campo electrostático que hai no contorno do núcleo. OBS: Tamén se denomina transmutación.

  9. reacción termonuclear [FÍS]

    Reacción nuclear de fusión de dous núcleos lixeiros en que se produce un núcleo máis pesado liberándose a enerxía de fusión.