reactividade

reactividade

(< reactivo)

  1. s f

    Calidade de reactivo.

  2. s f [FISIOL]

    Maneira de comportarse un órgano ou un individuo en presenza dunha agresión.

  3. s f [FÍS]

    Magnitude adimensional que, nun reactor nuclear, expresa, relativamente no factor de multiplicación efectiva, K ef , o exceso (ou defecto) deste factor respecto a 1. Formalmente, represéntase por


    FORMULA
    Cando é negativa recibe o nome de antirreactividade.

  4. s f [QUÍM]

    Poder ou capacidade de reaccionar.

  5. inversión de reactividade [QUÍM]

    Operación sintética que consiste na modificación reversible, dun grupo funcional, para que o composto resultante presente nun ou máis átomos de carbono, unha reactividade oposta á do composto orixinal.

Palabras veciñas

reactante | reactivación | reactivar | reactividade | reactivo -va | reactor | Read, Herbert