Rebordáns, pazo de
Rebordáns, pazo de
Construción situada en Pazos (Ponteceso). Foi unha antiga casa de labranza e ten planta en forma de L, aínda que se lle engadiu outro corpo perpendicular. As fachadas sufriron varias modificacións e conserva unha solaina de cantaría. Na fachada principal ten anacos de cantaría da fábrica primitiva e destaca un perpiaño situado sobre un lintel, que data a edificación en 1643.