Reboredo Santos, Manuel Andrés

Reboredo Santos, Manuel Andrés

  (A Coruña?) Arquitecto. Formouse na Escola Superior de Arquitectura de Barcelona. Desde 1977 é profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Os seus primeiros traballos dirixíronse ao planeamento urbano e á ordenación do territorio, como o estudo sobre o impacto sobre o territorio da Autopista de Atlántico. Realizou a rehabilitación do cuartel da rúa do Hórreo para sede do Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela (1987, Premio Julio Galán Carvajal en 1991) e, xunto con Albert Pineda, o Hospital Marítimo de Oza na Coruña (1995-1997, Premio Julio Galán Carvajal en 1998).

Palabras veciñas

Reboredo | Reboredo | Reboredo Fernández, Manuel | Reboredo Santos, Manuel Andrés | Reboredo Tajes, Manuel | Reboredo, O | Reboredo, pazo de