Rechaba, Horizonte
Rechaba, Horizonte
Etapa cultural de finais do Megalitismo que tomou o nome dun xacemento megalítico situado en Tordoia. Neste túmulo atopouse un enxoval en que se incluían unha maza bitroncocónica con perforación central, dous ciceis, un sacho de sección aplanada-rectangular, unha aixola e tres machadas de sección subrectangular. O túmulo foi totalmente destruído.