reciclaxe

reciclaxe

(< reciclar)

  1. s f

    Acción e efecto de reciclar ou reciclarse.

  2. s f [TECNOL]

    Proceso de transformación dun material para permitir a súa reutilización. Distínguense dúas maneiras principais de reciclaxe: a reciclaxe directa, que consiste nunha transformación estrutural destinada a converter o vello material en novo e darlle o mesmo uso ca o orixinal; e a reciclaxe indirecta, que consiste no aproveitamento do material xa usado para producir outras formas de materia ou ben de enerxía.

Palabras veciñas

recibo | recibumelo | reciclar | reciclaxe | recidiva | Recife | réciga