reclamo

reclamo

(< reclamar)

  1. s m

    Paxaro adestrado para que o seu berro atraia outros paxaros.

  2. s m

    oz con que un paxaro chama a outro da súa mesma especie.

  3. s m

    Instrumento con que se imita a voz dunha ave para conseguir outros da súa especie.

  4. s m

    Aquilo que se fai para atraer a atención do público e incitalo a comprar un produto ou fomentar unha empresa.

  5. s m [BIBLIOG]

    Palabra ou sílaba que nos libros antigos se adoitaba poñer ao pé de cada páxina e que era a mesma con que comezaba a páxina seguinte.

Palabras veciñas

reclamación | reclamante | reclamar | reclamo | reclasificar | reclinábel | reclinable