reconversión

reconversión

(< re- + conversión)

  1. s f

    Acción de reconverter ou reconverterse.

  2. s f

    Adscrición a unha nova actividade profesional.

  3. [ECON]
    1. s f

      Proceso a través do que a estrutura produtiva dun estado ou dun sector económico concreto, se adapta a unha nova tecnoloxía ou contexto social.

    2. s f

      Proceso tendente a reconstruír unha situación anterior, como pode ser o paso dunha economía de guerra a unha economía de paz.

    3. reconversión industrial

      Conxunto de medidas encamiñadas a reestruturar determinadas ramas e sectores industriais en crise.

Palabras veciñas

reconto | reconvención | reconvencional | reconversión | reconverter | reconvido -da | reconvindo -da