Recopa
Recopa
Competición deportiva coñecida como Copa de Europa de Clubs Campións de Copa que comezou a disputarse na tempada 1960-1961. Nesta competición participan os equipos gañadores do torneo de Copa do seu país ou, no seu defecto, o finalista se o equipo campión tamén acadaba a respectiva Liga. Vixente en balonmán, hockey e voleibol, en fútbol a última edición celebrouse na tempada 1998-1999.