recordar

recordar

(< lat recordāri)

  1. v t

    Manter algo na memoria.

    Ex: Non recordo as preguntas do exame. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Estivo recordando toda a tarde.

    Sinónimos: lembrar.
  2. v t

    Traer algo na memoria.

    Ex: Recordaba con pena os tempos mozos.

    Sinónimos: acordar, lembrar.
  3. v t

    Facer que alguén teña na memoria algunha cousa.

    Ex: Recorda que tes que ir á compra.

    Sinónimos: lembrar.
  4. v t

    Facer lembrar algo xa pasado.

    Ex: Ao pasar por alí recordei cando estiven en París.

  5. v t

    Perpetuar a lembranza de algo ou alguén.

    Ex: Aquela estatua recorda os emigrantes.

  6. v i

    Deixar de estar durmido.

    Ex: Deiteime despois de comer e cando recordei xa era de noite.

    Sinónimos: acordar.
  7. v pron

    Ter algo na memoria. OBS: Utilízase seguido da preposición de.

    Ex: Recordouse daquela conversa que tiveran.

  8. olver ter na memoria. OBS: Utilízase seguido da preposición de.

    Ex: Non me recordei de facer a chamada.

Conxugar
VERBO recordar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recordo
recordas
recorda
recordamos
recordades
recordan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recordaba
recordabas
recordaba
recordabamos
recordabades
recordaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recordei
recordaches
recordou
recordamos
recordastes
recordaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recordara
recordaras
recordara
recordaramos
recordarades
recordaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recordarei
recordarás
recordará
recordaremos
recordaredes
recordarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recordaría
recordarías
recordaría
recordariamos
recordariades
recordarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recorde
recordes
recorde
recordemos
recordedes
recorden
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recordase
recordases
recordase
recordasemos
recordasedes
recordasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recordar
recordares
recordar
recordarmos
recordardes
recordaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
recorda
-
-
recordade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
recordar
recordares
recordar
recordarmos
recordardes
recordaren
Xerundio recordando
Participio recordado
recordada
recordados
recordadas