recorrencia

recorrencia

(< recorrente)

  1. s f

    Acción de recorrer.

  2. s f

    Carácter do que se repite.

  3. s f [PAT]

    Reaparición dos síntomas dunha enfermidade aparentemente curada, sen apenas novo contacto patóxeno. A recorrencia implica un lapso superior ca no caso da recaída.

  4. definición por recorrencia [MAT]

    Definición dunha función sobre os números naturais definíndoa para 1 e, para cada n máis grande ca 1, en función dos valores que toma para números máis pequenos ca n. Por exemplo, a función factorial pode ser definida facendo 1!=1 e, para un n>1, facendo n!=(n-1)!n. Estes procedementos de demostración e de definición, xa coñecidos e empregados polos gregos, foron xeneralizados e pasaron a utilizarse en calquera conxunto ben ordenado.

  5. demostración por recorrencia/por indución [MAT]

    Método de demostración que consiste en probar que unha proposición é verdadeira para 1 e que se é verdade para n tamén o é para n+1. Diso dedúcese que a proposición é verdade para todo n.

Palabras veciñas

recordatorio -ria | Recorde, Robert | recordo | recorrencia | recorrente | recorrer | recorrible