1 recto
1 recto
(
-
s
m
[ZOOL]
Última parte do tubo dixestivo dos vertebrados, que remata no ano ou ben na cloaca.
-
s
m
[ANAT]
Segmento terminal do intestino groso do home, de traxecto máis ou menos rectilíneo, situado a continuación do sigma ilíaco e que se prolonga ata o orificio do ano. O aumento de presión sobre as paredes rectais ocasionado pola acumulación de materias fecais determina o reflexo da defecación.
-
s
m
[ZOOL]
Último tramo do tubo dixestivo dalgúns invertebrados, como os moluscos e os insectos.
-
músculo recto anterior da cabeza
[ANAT]
Músculo que flexiona a cabeza e a columna cervical.