Recuay, cultura de

Recuay, cultura de

Cultura precolombina que se desenvolveu (300 a C - 500 d C) no val do río Recuay, na rexión do Callejón de Huaylas, nas terras altas do norte de Perú. Nas tumbas atopouse cerámica de formas complicadas, decorada coa técnica do negativo, que consiste en recubrir con cera os debuxos que se querían preservar e en somerxer en pintura a peza así preparada.

Palabras veciñas

recuado -da | recuamento | recuar | Recuay, cultura de | recuberto -ta | recubrimento | recubrir