recuperación

recuperación

(< latrecuperatĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de recuperar ou recuperarse.

  2. s f [AERON]

    Movemento de retorno dunha aeronave en voo horizontal, despois de facer un picado.

  3. s f [BÉL]

    Movemento automático de retorno á posición de fogo do canón dunha arma de fogo despois de ser disparada.

  4. s f [INFORM]

    Conxunto de métodos e procedementos destinados a extraer información referente a un tema determinado, dos datos contidos na memoria, nos sistemas de documentación automatizada.

  5. s f [ECON]

    Etapa do ciclo económico que enlaza a contracción coa expansión ou prosperidade. Despois dunha etapa caracterizada por unha diminución da velocidade de crecemento da renda e, polo tanto, de diminución do investimento, iníciase a fase de recuperación como resultado dun incremento do investimento.

    Sinónimos: reactivación.
  6. s f [FÍS]

    Operación que aproveita a calor dos fornos industriais para quentar aire, gas combustible ou auga.

  7. s f [TÉXT]
    1. Aumento da lonxitude dun fío tirado dun tecido ao desenlearse dos outros.

    2. Aumento de peso dunha materia téxtil por absorción da humidade.

  8. s f [MED]

    Restablecemento da función dun órgano lesionado.

Palabras veciñas

recunco | recuperábel | recuperable | recuperación | recuperador -ra | recuperar | recursividade