recusación
recusación
(< lat recusatĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de recusar.
-
s
f
[DER]
Figura do dereito procesual que ten como fin excluír a petición da parte ao xuíz ou perito que, a causa das súas relacións coa parte contraria, pode considerarse como predisposto. En caso de que concorran unha das clases legais de recusación, o xuíz ou perito pode practicar abstención, se non o fixese, a parte prexudicada pode iniciar o incidente de recusación.
-
s
f
[DER]
Facultade de demandar que un determinado funcionario se absteña de intervir nun procedemento baseado na existencia dun posible interese persoal do mesmo no asunto ou nas súas relacións cos interesados.